Obra gañadora do VII Concurso Balbino de Relatos. Esta novela leva ao lector a unha profunda reflexión sobre o neorrural. Protagonizada por unha serie de urbanitas que deciden crear unha comuna nunha aldea abandonada do interior de Galicia. Os protagonistas deberán enfrontarse aos lances propios dunha sociedade rural e todas as tensións derivadas de enfrontarse a ela dende unha visión urbanita. Un complexo mundo das relacións interpersoais a través dunha ficción baseada na construción dunha sorte de comuna societaria no rural.