O poemario máis intimista de Rosalía de Castro. Nel afonda nos sentimentos máis profundos, nas desgracias, na saudade e na dor que lle provoca o afastamento de Galicia. Segundo a propia autora, Follas Novas nace como a continuación dos Cantares Gallegos, pero logo vira por sendeiros máis sensibles, existencialistas e universais que dotaron á literatura galega dunha poesía madura, comprometida e crítica coas inxustizas sociais. Léocho?