O libro que marca o comezo do Rexurdimento da literatura en lingua galega. Rosalía consegue achegarnos a unha Galicia popular e sinxela, a través destes cantares costumistas e tradicionais. Fala do sometemento de Galicia, da emigración, da soidade, dos traballos das nosas xentes, da dor... Un poemario que, sen dúbida, é un berro dun pobo, uns cantares que son de todos nós. Léocho?